martes, 5 de noviembre de 2013

Se chove... que chova!

¡Ay!, lo siento mucho pero no me puedo resistir... desde que mi hermana pequeña me mandó el enlace no dejo de mirarlo porque me parece buenísimo. Quiero compartirlo con tod@s, sencillamente genial:



- E a vostede que lle poño hoxe?
- Nin moño nin melena, algo moderno.
- O de sempre. 
- Dígoche que xa non se pode ler nada, todo son malas noticias... É que che amargan a vida!
- Se vos conto o que fixeron os meus netos... Un deles preguntoume se habería algún sitio en Galicia que non se nubrase nunca...
E outro dixo que coñecía o home máis sabio de Galicia... E alá foron.
Chegaron e, por suposto... era unha muller!
- Home!!
- E díxolles: 
- "O único que non se nubra nunca en Galicia é a nosa alegría. Porque a nosa alegría vén da nosa forza, e a nosa forza vén da terra. 
Os carballos e os acantilados fannos recios. Os ríos un pouco arrevesados. A choiva... creativos. E os seráns, sensibles e morriñentos.
- Tola de todo!... E non lles dixo nada?
- Díxolles, que hai algo na terra que nos axuda a tirar para adiante. 
- E é verdade, sempre o fixemos. E en todo o mundo! 
- E nunca deixamos que nos amargasen a vida! 
- Isto é boísimo! Tedes que emitilo!
- Mira a miña nai, case cen anos, viviu de todo. E cada vez que tiña un problema dicía: "Traballemos moito pero gocemos moito". 
Por iso non perdeu unha repichoca, eh? 
- Hai que traballar e gozar con determinación, que somos galegos!!
- A nós ninguén nos amarga un plan!!
- Se imos á praia... imos á praia! Aínda que sexa con chaqueta! E se nos bañamos sempre dicimos:
- Está boísima!!!
- E se a cousa se pon fea.... Comida, merenda e cea!!! 
- E se alguén se pon un pouco pochiño... cen visitas ó día, que non collen na habitación, e como novo!!! 
- Como di o meu Paco: "Se non me preocupa viaxar no espazo, nunha bola enorme, a miles de quilómetros por segundo, entre meteoritos e lixo espacial, voume preocupar polo demais?"
- Que profundo!
- Aquí todos somos profundos, filla...
- Uns máis que outros... 
- Tanta preocupación, tanta preocupación... - e a xente seguirá coñecéndose, namorándose... Seguirá abrazándose, quedando, rindo... 
Porque os galegos sabemos-, que este é o mellor dous mil trece das nosas vidas... 
- Non hai outro....
- E iso fainos gozar máis da vida, da xente, dos amigos... Así que saiamos aí fóra, gocemos de todo o que temos... E vivamos. Vivamos. Vivamos como galegos!!!
- Ai, como chove! 
- A que está caendo!! 
- Sabedes que vos digo? Que se chove... que chova!!!